
Para inaugurar o noso blog escollemos 50 películas entre as que se atopan as nosas favoritas e outras imprescindibles e, como non, o gran De Niro é o que máis se repite. Faltan algunhas de Tim Burton entre outras, pero todas non collían. ¿Cal é a túa?
11 Comments:
a miña preferida e a saga star wars e a triloxia rambo. e non tan ai!!!! desas a que mais me gusta e a laranxa mecanica.
Sin duda, la gran Memento y El Padrino.
Polo que vexo españolas non hai moitas non??...a parte das "típicas" tamén hai algún drama de calidade... hey e felicidades polo blog, está ben!!
leyendas de pasión, american history x, memento, mistyc river... moita variedade e calidade. iso está xenial!!
Das que estan ahi, elixiria a triloxia de El Padrino, Gladiator, Braveheart, Mytic River, Crash . . . e paro porque podo pasarme o dia asi.
mmm...joder,e que hai demasiadas películas boas,non é tan fácil... pero hoxe teño un día "high fidelity" :)
Reservoir Dogs, Alta fidelidade (grande Cusak, graaaaaande Jack Black), American beauty, Trainspotting, Mystic River, American History X (grandíiiisima frase final!) e A laranxa mecánica.
Grande, grande
Estou indecisa, a verdade.
Vas poñer 50 criterios diferentes, també? :OP
biKAUs.
ESA AMELIE! coitada ... ninguén a quere .... cu bunitiña que me é :) ... e outras tantas pero eu defendo a quen me peta :P
Non o teño tan claro coma Hache, é unha boa selección. Dubido entre o Padrino e Casablanca, pero quédome coa segunda. Branco e negro, xente fumando coma cabróns, con nazis polo medio e esas frases de "Tocala otra vez Sam", ou "De todos los bares y locales del mundo, tuvo que entrar en el mío" sen esquecer "Yo no me la juego por nadie", entre tantas outras.
Reservoir Dogs co señor rosa ou Pulp Fiction co Señor Lobo non poden pasar por alto. Pero quédome con Bogart borracho, a partes iguais, de whisky e cinismo.
pois eu quédome coas máis actuais, estas de Tarantino e Rober Rodríguez; por desenfadasas, violentas, divertidas, frescas...
Respecto os clásicos pero abúrrenme, non me sinto identificado e creo, con humildade que Amelie é unha película menor, pasteleira, non me transmite nada e a actriz tampouco.
Espero e desexo que lle deades un pouco máis de dinamismo a este blo, máis pos, máis...
Saúdos
Publicar un comentario
<< Home