miércoles, octubre 18, 2006


O Brother!
O outro día aburrido, sen nada que facer, cun día que se antoxaba chuvioso e no que ata me daba pereza escoller unha peli para pasar o tempo, tirei todos os meus dvds sobre a cama e ó azar escollín o que tiña a filmografía dos irmáns Coen. Puxeno no lector do dvd e empezei a darlle os botóns coma un tolo ata que, a cegas, escollín O Brother!
A peli cóntanos a historia duns presos que se fugan da cadea e ó longo do seu camiño tócalles vivir moitas experiencias extrañas como a grabación dunha canción que se converte nun éxito do que nin se enteran, foder con sereas que os converten en sapos, infiltrarse nunha reunión do KKK...
O final resultou ser máis entretida do que me podía esperar xa que non era capaz de imaxinar a interpretación superdestacable de George Clooney, que non só me impresionou polo cómica que é senon tamén porque é el o que canta coa súa propia voz.
Dende aquí animamosvos a que vexades a peli. Non perderedes o tempo.

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

eiii tedesme que deixar un deses dvds temáticos de directores,eh!

11:07 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

O Brother, en comparación co resto da filmografía dos Coen, destaca para mal.Canto mellor son Fargo, Muerte entre las flores ou O gran Lewobsky.

11:41 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

mmm Vili non tou contigo no de Oh Brother... simpatizo máis coa opinión de Alberto, Fargo é unha das mellores películas q vin.
de todolos xeitos invitoche a novas conversacións en bares compostelanos. un biko

4:13 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

o anterior é meu, foiseme a pinza xD

4:14 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

sígueseme indo... é o fume, q tamos cocinando en casa de mari

4:14 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home