miércoles, octubre 18, 2006


O Brother!
O outro día aburrido, sen nada que facer, cun día que se antoxaba chuvioso e no que ata me daba pereza escoller unha peli para pasar o tempo, tirei todos os meus dvds sobre a cama e ó azar escollín o que tiña a filmografía dos irmáns Coen. Puxeno no lector do dvd e empezei a darlle os botóns coma un tolo ata que, a cegas, escollín O Brother!
A peli cóntanos a historia duns presos que se fugan da cadea e ó longo do seu camiño tócalles vivir moitas experiencias extrañas como a grabación dunha canción que se converte nun éxito do que nin se enteran, foder con sereas que os converten en sapos, infiltrarse nunha reunión do KKK...
O final resultou ser máis entretida do que me podía esperar xa que non era capaz de imaxinar a interpretación superdestacable de George Clooney, que non só me impresionou polo cómica que é senon tamén porque é el o que canta coa súa propia voz.
Dende aquí animamosvos a que vexades a peli. Non perderedes o tempo.

viernes, octubre 13, 2006



Gustalle De Niro, soña con Jennifer connelly e comparte conmigo horas de conversas sen sentido mentres esperamos a que o emule nos leve á "dos metros bajo tierra"! É a metade deste blog que algún dia foi casiabandonado e hoxe está de aniversario! Felicidades Vili, e que cumplas moitos máis!!!